Responsable deste sitio web

Denominación social:

CIF:

Domicilio social:

Enderezo de correo electrónico:

 

 

Política de privacidade

Responsable do tratamento de datos

Datos de contacto do responsable:

Dereitos de protección de datos

Como exercitar os dereitos: os usuarios poden dirixir unha comunicación por escrito ao domicilio social de Wit ou ao enderezo de correo electrónico indicada no encabezamento deste aviso legal, incluíndo en ambos casos fotocopia do seu DNI ou outro documento de identificación similar, para solicitar o exercicio dos dereitos seguintes:

Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais: vostede poderá preguntar Wit  se estamos tratando os seus datos.

Dereito a solicitar a súa rectificación (en caso de que sexan incorrectos) ou supresión.

Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, en cuxo caso unicamente serán conservados por Wit para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Dereito a opoñerse ao tratamento: Wit deixará de tratar os datos na forma que vostede indique, salvo que por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións se teñan que seguir tratando.

Dereito á portabilidade dos datos: en caso de que queira que os seus datos sexan tratados por outra firma, Wit facilitaralle a portabilidade dos seus datos ao novo responsable.

Modelos, formularios e máis información sobre os dereitos referidos: Páxina oficial da Agencia Española de Protección de Datos

Posibilidade de retirar o consentimento: no caso de que se outorgase o consentemento para algunha finalidade específica, vostede ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Como reclamar ante a Autoridade de Control: Se un usuario considera que hai un problema coa forma en que Wit está manexando os seus datos, pode dirixir as súas reclamacións ao Responsable de Seguridade de Wit ou á autoridade de protección de datos que corresponda, sendo a Agencia Española de Protección de Datos a indicada no caso de España.

Conservación dos datos

Datos desagregados: os datos desagregados serán conservados sen prazo de supresión.

Datos dos clientes: o período de conservación dos datos persoais variará en función do servicio que o Cliente contrate. En calquera caso, será o mínimo necesario, podendo manterse ata:

4 anos: Lei sobre infraccións e sancións na orde social (obrigas en materia de afiliación, altas, baixas, cotización, pago de salarios…); Arts. 66 e seg. Lei xeral tributaria (libros de contabilidade…);

5 anos: art. 1964 Código Civil (accións persoais sen prazo especial)

6 anos: art. 30 Código de Comercio (libros de contabilidade, facturas…)

10 anos: art. 25 Lei de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo.

Datos dos subscritores por correo electrónico: desde que o usuario se subscribe ata que se dá de baixa.

Datos de usuarios subidos por Wit a páxinas e perfís en redes sociais: desde que o usuario ofrece o seu consentimento ata que o retira.

Datos dos postulantes a prácticas ou a postos de emprego: en caso de que o candidato non sexa seleccionado, Wit poderá manter almacenado o seu currículo un máximo de dous anos para incorporalo a futuras convocatorias, a menos que o candidato se manifeste en contra.

Datos dos usuarios que se conectan á rede wifi de Wit: os datos serán conservados durante un prazo máximo de dous anos.

 

Procedencia, finalidades e lexitimidade

Correo electrónico, formularios de contacto e medios de comunicación tradicionais

Web e hosting: o sitio web de Wit conta cun cifrado SSL que permite ao usuario o envío seguro dos seus datos persoais a través de formularios de contacto de tipo estándar, aloxados en Dinahosting, unha empresa galega de hosting de recoñecido prestixio.

Datos recompilados a través da web: os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros dos que Wit é titular.

Podería ser solicitado o seu enderezo IP, que sería usado para comprobar a orixe da mensaxe co obxecto de ofrecerlle recomendacións legais axeitadas ao mesmo (por exemplo, recomendacións de profesionais e servizos de países diferentes a España) e para detectar posibles irregularidades (por exemplo: partes opostas do mesmo caso escriben á Asociación Forestal de Galicia desde a mesma IP), así como datos relativos á súa ISP.

Así mesmo, poderá facilitar os seus datos a través do correo electrónico e outros medios de comunicación.

Correo electrónico: O prestador de servizos de correo electrónico usado por Wit é Google, Inc.

Outros servizos: certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Faise indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate.

Finalidade e lexitimación: a finalidade do tratamento destes datos será unicamente a de prestarlle a información ou servizos que nos solicite.

Redes sociais

Presenza en redes: Wit conta con perfil nalgunhas das principais redes sociais de Internet, recoñecéndose responsable do tratamento en relación cos datos publicados por Wit (por exemplo, fotos subidas por Wit nas que aparecen caras de persoas) ou dos datos que os usuarios envíen de forma privada á Asociación Forestal de Galicia co fin de que sexan extraídos (por exemplo, comunicacións iniciais para que Wit asesore nun caso).

Finalidade e lexitimación: o tratamento que Wit levará a cabo cos datos dentro de cada unha das referidas redes será, como máximo, o que a rede social permita aos perfís corporativos. Así pois, Wit poderá informar, cando a lei non o prohiba, aos seus seguidores por calquera vía que a rede social permita sobre as súas actividades, relatorio, ofertas, así como prestar servizo personalizado de atención ao cliente.

Extracción de datos: en ningún caso Wit extraerá datos das redes sociais, a menos que se obtivera puntual e expresamente o consentimento do usuario para iso.

Dereitos: cando, debido á propia natureza das redes sociais, o exercicio efectivo dos dereitos de protección de datos do seguidor quede supeditado á modificación do perfil persoal deste, Wit axudaralle e aconsellaralle a tal fin na medida das súas posibilidades.

Dereitos de autor e contidos web

Os contidos literarios do sitio web atópanse rexistrados e ofrécense baixo a licencia que se indique no pé da páxina. Exceptúanse desta licencia todos os contidos non literarios, aqueles sobre os que se indique outra licencia aplicable, os signos distintivos (marcas, nomes comerciais, etc.) e o modelo desta web, cuxos dereitos pertencen ao seu autor o autores.

O sitio web contén textos elaborados con fins meramente informativos ou divulgativos que se refiren a situacións xerais, polo que o seu contido non pode ser aplicado nunca polo usuario a casos concretos. As opinións vertidas nos mesmos non reflicten necesariamente os puntos de vista de Wit. O contido dos artigos publicados neste sitio web non pode ser considerado, en ningún caso, substitutivo de asesoramento profesional. O usuario non debe actuar sobre a base da información contida neste sitio web sen recorrer previamente ao correspondente asesoramento profesional.

Os enlaces externos que contén este sitio web conducen a sitios xestionados por terceiros. Wit non responde dos contidos nin do estado de ditos sitios. O uso de enlaces externos tampouco implica que Wit recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.

Resolución de conflitos

As presentes condicións de uso do sitio web réxense en todos e cada un dos seus extremos pola lei española. O idioma de redacción e interpretación deste aviso legal é o galego. Este aviso legal non se arquivará individualmente para cada usuario senón que permanecerá accesible por medio de Internet neste mesmo sitio web.

Sempre que non haxa unha norma que obrigue a outra cousa, os usuarios desta web acordan, en caso de conflito, someterse aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, por ser este o lugar de celebración do contrato, con renuncia expresa a calquera outra xurisdición que puidera corresponderlles.

 

O titular do sitio web elaborou este aviso legal por iniciativa propia tomando como base os textos legais dispoñibles baixo Licencia CC By na páxina web www.abanlex.com