Somos expertos en xestión de persoas. Se precisas axuda na xestión de persoas, os recursos humanos da túa empresa ou da túa organización, podemos axudarche.
Cada vez se externalizan máis funcións: formación, política retributiva, planificación de recursos, saída de profesionais, protocolos de actuación familiar, avaliación dos traballadores, negociación de conflitos, recolocación do cadro de persoal, etc.
Pola súa dimensión, non é viable para moitas pemes manter dentro da organización unha ou varias persoas especializadas nestas materias. Unha das principais razóns desta externalización é a competitividade.
A externalización de tarefas responde a manobras tácticas, como o aforro de custos, a operatividade ou a axilidade: a empresa deixa en mans de Wit os aspectos operativos da xestión organizativa para poder centrarse na súa actividade principal ou core-business.
“Zapateiro aos teus zapatos”, Anónimo.
Dependendo do que necesites, ofrecémosche un menú de accións. Desde axudarche a pensar no tipo de equipo que necesitas para desenvolver o teu negocio, ata indicarche en que estado se atopa o teu equipo actual, administración de persoal, busca e selección, formación e desenvolvemento, a súa organización, etc…
- Outsourcing e apoio á área de Recursos Humanos.
- Plan estratéxico de persoas.
- Análise salarial, retribucións variables e flexibles.
- Xestión por obxectivos, plan de incentivos.
- Desenvolvemento organizativo e descrición do posto de traballo.
- Avaliación do rendemento.
- Análise da Cultura e do Clima.
- Plans de formación e mellora do rendemento.
- Selección e atracción de talentos.
- Resolución de conflitos.
- Dixitalización da área de Recursos Humanos.